martes 07.07.2020

EDUCADORES E EDUCADORAS SOCIAIS DO CAMPUS DE OURENSE VISITARON O C.D.R. “O VISO” EN LODOSELO

lodoselo
lodoselo

Estudantes do grao de Educación Social de Ourense estiveron visitando durante os días 2 e 3 de marzo o Centro de Desenvolvemento Rural “O Viso” en Lodoselo. Nas actividades levadas durante os dous días participaron un total de 17 alumnos e alumnas, onde o principal obxectivo da súa visita era coñecer a labor que desenvolven os e as educadores e educadoras sociais no medio rural.

lodoselo

A súa chegada, os propios educadores/as sociais do C.D.R. “O Viso” realizaron unha presentación explicando os distintos programas e ámbitos nos que traballan e interveñen. Ademais, Davide e Bahar, actuáis voluntarios do SVE no C.D.R. tamén quixeron colaborar, explicando a súa experiencia como voluntarios en Lodoselo e ensinando tradicións culturais dos seus países (Italia e Turquía).

Pola tarde, a través dun xogo de pistas puideron coñecer máis de preto Lodoselo, permitíndolle coñecer tamén a súa historia como a xente que alí vive.

O martes pola mañá, estiveron a realizar a fornada de pan no forno comunitario de Lodoselo, onde dende o C.D.R. “O Viso” tratan de contribuír á recuperación das costumes e labores tradicionais. Ademais tamén tiveron a oportunidade de coñecer os distintos espazos situados en Lodoselo; a Vivenda Comunitaria, o Centro de Inclusión, a Casa Niño Lodoselo e o albergue.