miércoles 11.12.2019

Elvira Lama quixo probar un dos tractores máis grandes da feira

Despois da visita a feira, escolleuno pola súa cor e polo grande que é

Elvira lama, alcaldesa de Xinzo, subiu decidida a cabina dun tractor de 250 CV, na apertura da feira de Maquinaria. Por si acaso a cousa fallaba, non dubidou en pedir auxilio a un experto no tema, Amador Díaz.