viernes 05.06.2020

A empresa Lejía Sarmiento dona 800 botellas deste desinfectante á Deputación de Ourense

A empresa Lejía Sarmiento dona 800 botellas deste desinfectante á Deputación de Ourense

O vicepresidente terceiro da Deputación de Ourense, Plácido Álvarez, recibiu hoxe, no Pazo Provincial, as 40 caixas con 800 botellas que doou a empresa Lejía Sarmiento á Deputación de Ourense. Plácido Álvarez agradeceu, en nome do goberno provincial, “esta doazón de Lejía Sarmiento que será empregada para a desinfección dos centros dependentes da Deputación de Ourense como o Pazo Provincial, o Parque de Maquinaria, o Centro Cultural “Marcos Valcárcel”, o Inorde, entre outras, e de maneira especial irá destinada aos labores de desinfección que está a realizar o servizo de baldeo da Deputación”. Neste sentido, Plácido Álvarez lembrou que “xa se fixeron traballos de desinfección en 12 concellos da nosa provincia, entre eles, Barbadás, Xinzo de Limia, Monterrei, Oímbra, Laza, Toén, co obxectivo de chegar a tódolos municipios ourensáns que así o soliciten, pero dando prioridade a aqueles territorios nos que se rexistrou algún caso de coronavirus”.

Así mesmo, o vicepresidente terceiro destacou a importancia da cooperación e da solidariedade “nestes momentos tan difíciles que estamos a vivir”. Por elo, “agradecemos enormemente estes xestos de axuda e colaboración que se suman as iniciativas que desenvolvemos desde a Deputación de Ourense para paliar esta crise do Covid-19”, engadiu Plácido Álvarez.