miércoles 4/8/21

"Engano, menosprecio e prepotencia"...

É o comportamento que ten a Alcaldesa e varios concelleiros do Grupo de Goberno Municipal coa veciñanza da Travesía do Bouzo.(Grupo Popular de Xinzo)

Obras na Travesía do Bouzo 1
Obras na Travesía do Bouzo 1

Con estes graves cualificativos comeza a nota de prensa enviada polo grupo popular no concello de Xinzo, despois dunha reunión mantida cos veciños da travesía do Bouzo para recoller, segundo eles o malestar e “cabreo” dos mesmos polo que están a facer na travesía.

O Grupo Municipal Popular reuniuse onte pola tarde con varios veciños da zona do Bouzo para escoitar as numerosas queixas formuladas polos mesmos, onde se senten enganados pola Alcaldesa e o seu Grupo de Goberno. Non entende o porqué dos trocos do proxecto que se están a realizar nas obras desta zona, reducindo a seguridade tanto do tráfico rodado como de viandantes.

.Paso peonil que se reduce en máis de 1m no seu ancho e sen o reforzo de ferro na cementación

.Cuneta de seguridade sen executar do lado esquerdo

.Desvío do centro da estrada  a preto das casas

.Pouca resistencia a grandes pesos no entubado e recheo na cuneta dereita.

.O paso peonil nin leva bordillos nin pintura

Onde se gastou a partida económica do orzamento para estes tramos? Máis de 180 mil €.
Cál é o motivo destes trocos?  A Xunta autoriza isto?
Son preguntas que trasladaremos á Comisión Informativa pertinente, a cal solicitamos hoxe con urxencia, nun escrito onde tamén solicitamos a paralización de ditas obras ata que se solucione dita problemática.

A preocupación da veciñanza da zona do Bouzo, xerada polas decisións ocultas do Grupo de Goberno, está moi latente escoitando as verbas que nos trasladaron.Obras na Travesía do Bouzo 2

Dende o Grupo Municipal Popular mostramos o noso rexeitamento ao comportamento de Dna. Elvira Lama e varios concelleiros do goberno municipal polo menosprezo e prepotencia, mostrada coas veciñas e veciños da Travesía do Bouzo, con comentarios despectivos, dubidando dos estudos ou preparación da xente alí reunida, tratando de calar despectivamente as queixas.

Ata se chegou a chantaxear con amezas de demolicións; ao máis puro estilo da Mafia Siciliana ou a Cosa Nostra. Moi triste este comportamento dun representante político municipal coa súa cidadanía.