sábado 28/11/20

A Escola Rural de Saúde da Limia dedicará toda a semana a muller traballadora

As charlas comezarán o luns en Xinzo  e rematarán o 14 en Sarreaus

Angélica Quintela ,avogada laboralista será a responsable de levar Adiante as charlas que comezarán o luns 5 na sede da asociación en Xinzo e o martes venres (6 e 9) en Porqueira e Arnuide e a semana seguinte 14 en Sarreaus. Todas as charlas serán ás 17:00.

89

SITUACIÓN LABORAL DAS MULLERES NO S.XXI

O mércores 7  Victoria Diéguez, avogada tamén falará dende as 17 ás 20  en Xinzo sobre a situación laboral da muller no século XXI.

O xoves , día Internacional da Muller traballadora  na sede da asociación e coa colaboración do  CIM de Xinzo haberá unha mesa redonda de SENSIBILIZACIÓN EN IGUALDADE a partir das 18:30.

Comentarios