martes 20/10/20

España e Portugal asinan o proxecto dirixido a coidar as cuncas dos ríos Miño-Limia ante fenómenos extremos

Risc Miño-Limia xa está en marcha

miño limia

    O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, a Confederación Hidrográfica Miño-Sil e a Axencia Portuguesa de Ambiente poñen en marcha este proxecto para mellorar o estado das cuncas transfronteirizas. A intención é que o Risc Miño-Limia sirva para minimizar os efectos de fenómenos extremos nos ríos tales como intensas choivas ou sequías prolongadas.

O primeiro punto de partida será a elaboración dunha cartografía de toda a rede hidrográfica da demarcación e das súas cuncas. O obxectivo é conseguir un inventario de recursos que teña en conta o efecto do cambio climático nas partes española e portuguesa. A continuación farase un sistema de indicadores de sequía nos ríos Limia e Miño. Tamén se porá en marcha un novo sistema de alerta de inundacións e os seus efectos na poboación. Colocaranse modelos hidrometeorolóxicos e hidráulicos de software libre que ofrezcan unha previsión continúa. 

No Risc Miño-Limia colaboran a Universidade de Vigo a través do Campus da Auga, e a de Oporto co grupo e traballo de Hidráulica, Recursos Hídricos e Ambiente.

Comentarios