martes 21/9/21

Espectacular actuación da Banda de Gaitas de Xinzo de Limia no castelo de São Jorge

Na capital do país veciño de Portugal
Lisboa

Nun escenario de excepción compartiu o seu talento a Banda de Gaitas de Xinzo de Limia. A agrupación ofreceu un concerto o domingo no castelo de São Lisboa3Jorge, Lisboa. A alcaldesa, Elvira Lama, acompañou aos músicos, destacando a súa magnífica actuación. Cómpre destacar que o Festival Internacional da Máscara Ibérica (FIMI) é un proxecto de divulgación de cultura popular que, dende 2006, leva a Lisboa a grupos de máscaras, maioritariamente de Portugal e España. Os participantes manteñen vivas tradicións ancestrais que teñen a máscara como elemento común, mostrando a súa riqueza histórica, cultural e artística.

Lisboa2