Os establecementos que sirvan comida poderán estar funcionando ata as 23:00

videoconferencia elvira
Os establecementos que sirvan comida poderán estar funcionando ata as 23:00
Era unha das dúbidas do sector no día de onte

Comunicado da alcaldesa Elvira Lama, unha vez rematada a videoconferencia con Sanidade e o Sergas

videoconferencia elviraRematada a videoconferencia coa Conselleria de Sanidade e a Xerencia do Sergas, xunto cos alcaldes de outros concellos que saen das restriccións, e pendente da publicación oficial no DOG a situación para o Concello de Xinzo e a seguinte:
Temos baixado en 15 días de 83 a 35 casos activos a día de hoxe, 48 menos.
Seguimos co peche perimetral e mobilidade reducida de entrada e saída por motivos xustificados.
Hostelería: desde esta media noite, aforo do 30% no interior en mesa de 4 persoas que Non teñen que ser conviventes e 50% en terraza.
Peche e recollida de terrazas as 17:00h. Os establecementos que sirvan comida ou bebida para levar poden seguir hasta las 23:00h como ata o de agora.
Resto de negócios os aforos continúan igual.

Insistir na máxima precaución e prevención, non baixar a garda e seguir sempre a normativa sanitaria.

Ánimo a todos e todas, estamos no BO camiño!!!