lunes 16.12.2019

"Eu son nós"

Resumo do descurso do premio Pedra Alta 2019

O premiado co galardón Pedra Alta 2019, Toño, recolleu a escultura representativa en nome de todo o CDR O VISO, así como, segundo el mesmo, en nome de todos os alí presentes, posto que nas súas propias palabras, eu son nós.

Tras unha petición de que todos se saudasen entre eles a modo de felicitación polo conseguido, este mestre comezou agradecendo a Miguel e Digno, ás dúas persoas que foron referencia para iniciar todo o proxecto que a día de hoxe pode recoller ese premio, un conxunto de asociacións galegas de pedra e xente, pilares básicos da súa crenza.

A emoción fíxose protagonista deste home que, incapaz de amosar unha perspectiva protagonista, só puido encherse de gabanzas para todos aqueles que creron, aqueles que alaban o que fan e todos os que, ao final, forman parte dunha iniciativa que segue crecendo e axudando a moitas persoas. Facéndose eco das palabras de Unamuno, nadie es el que es si no el que le hacen los demás, recordou tamén a máxima dun cura da Limia que dixo non ser amados é unha simple desventura, a verdadeira desgracia é non amar.

                               Procedeu tamén a pedir perdón por chegar á súa posición por causalidades do destino, empurrado ou animado por alguén, así como ocorría nunha historia coa que exemplificou a situación, provocando os sorrisos de todos os presentes no Museo Etnográfico da Limia. Insistiu en múltiples ocasións no seu carácter de imaxe, de representación de algo moito máis profundo, quitándose méritos e facendo fincapé na importancia de todos aqueles que se manteñen detrás, os que saen e os que representan a todos os que saíron.

Quixo Toño tamén recordar a todos os que xa non están, pero estiveron, asegurando que son moitos os que fan que o CDR funcione. Desculpouse por todos os erros cometidos, asegurando que oxalá foramos tan bos como dicides que somos, coa intención de procurar facer da mellora, algo permanente. Describiu de forma clara o traballo que desenvolven e como intentan aprender cada día a levar a cabo a solidariedade organizada, a traballar mediante a ética de coidados, a compartir unha mirada do rural como merece ser mirado, a acompañar e intervir e outras moitas máximas que este home soubo transmitir dun xeito realmente poético.

Toño 3A súa intervención rematou coa exemplificación de todo o anteriormente dito cun conto escrito nunha saba pola súa familia. Conseguiu emocionar mediante debuxos, palabras e cantos que deixaron claro como este mestre, e a asociación da que é imaxe, son dignos merecedores deste premio que, de seguro, faranlles sentir un enorme orgullo.

Por medio de contos e historias, tanto reais baseadas na súa experiencia como fábulas que fan entender aínda máis profundamente as súas palabras, Toño chegou ao corazón de todos os alí presentes, así como aos que dende as súas casas poden escoitar agora este discurso dende o seguinte enlace https://www.facebook.com/dende.alimia/videos/2465698160378210/?t=3127.