viernes 14/5/21

Expediente de honra ao capitán José Luis Casas

Será un dos puntos na orde do día do pleno
capitán Casas
capitán Casas

Tamén foi incluído na orde do día do pleno deste xoves o expediente de honra ao capitán da Garda Civil José Luis Casas. Destacarase a súa dedicacióna prol da seguridade dos veciños de Xinzo de Limia e remarcarase a súa colaboración coa Policía Local, xa que contribuíu á elaboración do Plan de Autoproteción do Entroido.

Moción para que se autorice a aplicación nos cultivos do produto DMN

Os concelleiros tratarán a aprobación dunha moción conxunta dos grupos municipais de PSdG-PSOE, AXIL, XA, BNG e da concelleira non adscrita para solicitar ao Goberno Central a autorización excepcional na comarca da Limia do uso do antexermolante DMN. Cómpre recordar que unha das fortalezas das que dispón a comercialización das patacas producidas na Limia é a capacidade de almacenamento e conservación que os agricultores poden realizar ata os meses de abril ou incluso maio. A base deste almacenamento era o emprego masivo de produtos antexermolantes con Clorprofam, produto que a Comisión Europea xa non autoriza. Unha das solucións que se están a presentar noutros países é a autorización excepcional do 1,4-dimetilnaftaleno, coñecido como DMN, un composto presente naturalmente nas patacas que inhibe a súa xermolación reducindo a respiración dos tubérculos.