A festa do ESQUECEMENTO deu o seu “Chupinazo”

asamblea ESQUECEMENTO 2015
A festa do ESQUECEMENTO deu o seu “Chupinazo”

Reunión da xunta directiva cos grupos participantes nesta nova edición

Reunión da xunta directiva cos grupos participantes nesta nova edición

O venres a noite reuníronse no salón da Casa de Cultura a xunta directiva da festa do Esquecemento coa maioría dos membros dos grupos que este ano están anotados para participar nesta nova edición da festa.

MAIS LEXIÓNS ROMANAS

Parece que este ano aumentan os grupos representantes do mundo dos romanos, que os anos anteriores.

Na reunión a xunta directiva pretendía dar a coñecer a tódolos participantes a situación na que se atopa a festa nestes momentos.

Segundo manifestaron os membros da directiva, o traballo MAIS fácil xa está feito. Queda o máis desagradable, cal é o de solicitar a colaboración dos establecementos tanto hoteleiros coma de comercio en xeral. Como todo o mundo sabe esta é unha labor, pouco agradable ir de local en local, aínda que estes participan sen problema, pero hai que ir porta por porta.

Para elo a organización SOLICITOU, colaboradores entre o grupo moi numeroso que se atopaba no salón, para facer esta labor máis levadeira.

Tamén se analizaron outras cuestión referentes a edicións pasadas, para tomar as medidas correctoras.

Como en toda xuntanza as controversias deixaronse notar , pero cando as cousas se fan con boa vontade, todo quedou arrenxado.