As festas patronais de Xinzo 2022, xa teñen comisión organizadora

Comisión organizadora Festas patronais 2022
As festas patronais de Xinzo 2022, xa teñen comisión organizadora

Adriana, Jorge e Raúl, os mesmos que organizaron o Entroido

As festas de Xinzo que se celebrarán do 15 ao 18 de xullo dous anos despois volverán a ter unha forma habitual.

PETICIÓN ACEPTADA

Segundo indica unha persoa pertencente a comisión, fai unhas semanas que o concelleiro de Cultura Ramiro Rodríguez, fixolle a proposta, a cal contestaron despois de pensalo e repensalo que si se farán cargo da organización.

Supoñen que a comisión se unirá como de costume Alfonso, técnico de Cultura do Concello.

Esperamos que sexan unhas festas sinxelas e divertidas para todos e todas.

Aínda non teñen un presuposto pechado, pero segundo lles foi anunciando o concelleiro será moi axustado.