lunes 09.12.2019

Fin de semana gastro cultural na limia

Rosa Cedrón- Entrega do premio Pedra Alta e "Vive o camiño"
Fin de semana gastro cultural na limia

ROSA CEDRÓN EN XINZO

rosa cedrónNa tarde de hoxe venres a partir dás 20:30 Rosa Cedrón a cantautora galega actuará na Casa da Cultura de Xinzo como remate  do programa XINZO EN MARCHA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

PREMIO PEDRA ALTA

cartel-2019-pedra-altaO sábado 30 a partir dás 12:00 comezará o acto solemne da Entrega do Premio Pedra Alta de 2019 ao Centro de Desenvolvemento Rural, CDR “O Viso”, entregado polo Padroado do Museo Etnolóxico da Limia, coa colaboración do Centro de Cultura Popular da Limia. O programa será o seguinte:
12:00 horas, acto de entrega do premio no salón multiusos da casa do Concello:
- Saúda do Alcalde e Presidente de honra do Padroado Museo da Limia
- Actuación musical de Luis Humberto cao e Baldomero Pavón
- Intervención do Presidente do Padroado do Museo da Liimia
- Lectura da acta da xuntanza da Xunta Direcitiva pola que se lle concede o Premio Pedra  Alta  de 2019 ao CDR “O Viso”.
- Laudatio de Xosé Manuel Cid
- Intervención de Antonio Rodríguez Corbal, en representación do CDR “O Viso”

 

‘Vive o camiño’ promove ESTA FIN DE SEMANA actividades en SANDIÁS

vive o camiñoO programa Vive o Camiño dinamiza e pon en valor durante este outono o patrimonio xacobeo da Vía da Prata a través dun cento de actividades en 35 concellos galegos. Trátase dunha iniciativa da Xunta de Galicia que esta fin de semana fai parada nos municipios ourensáns de Sandiás, Coles e San Cibrao das Viñas. 
No caso de Sandiás, as actividades terán lugar o sábado e arrancarán ás 10,00 horas cunha andaina pola Verea Real de Castela a Santiago ao seu paso por Vilar de Sandiás. O obradoiro para a descuberta do patrimonio Memorias de Prata será ás 16,00 horas e o infantil Xogando coa natureza terá lugar ás 17,00 horas no Centro Social de Sandiás. A esta mesma hora e neste mesmo lugar terá lugar tamén o evento Catar o Camiño cunha degustación de produtos para os asistentes.