Fin de semana moi doce na Arca de Noe

HABELAS HAINAS
Fin de semana moi doce na Arca de Noe

A dulzura das cancións de HABELAS HAINAS o sábado as 21:30 e doces de Nadal para o domingo

É no ano 2009 cando se cruzan os camiños destas catro mulleres de ampla traxectoria no mundo da música tradicional, para crear o proxecto Habelas Hainas. Coas mesmas inquedanzas musicais e vitais, forman un quebracabezas onde as catro se xuntan e complementan de xeito persoal. A súa versatilidade vai alén do feito de seren multinstrumentistas, e lévaas a explorar outros eidos artísticos como a treatralidade e as artes plásticas e visuais, facendo de cada espectáculo algo diferente e senlleiro.

Compostela é o decorado onde se dá a luz o proxecto que dunha forma directa, conecta coa xente de a pé en rúas, calexas, prazas, locais e escenarios.

O seu punto de partida é a música tradicional e de raíz, sentíndose parte dunha tradición longa e viva da que xorde a natural necesidade de expresárense, sempre dende unha ollada feminina e plural. Isto lévaas a explorar outras músicas, crear os seus propios temas e experimentar coa tradición. Esta permanente inquedanza reflíctese na indagación e aproveitamento dos diferentes recursos dos instrumentos tradicionais, creando un son enérxico, fresco e orixinal.

Habelas Hainas son:

Sandra Tamayo: acordeón, gaita, pandeiro cadrado…

Patricia Gamallo: gaita, saxo alto, pandeiro cadrado…

Arantza Alfaia: tamboril, caixón peruano, derbuka…

Jara Ortiz: voz, bombo, pandeireta, crótalos árabes…