martes 02.06.2020

A finais do verán haberá unha nova estación de autobuses en Ourense

A Xunta licita as obras de demolición da actual terminal de autobuses de Ourense
A finais do verán haberá unha nova estación de autobuses en Ourense

A Xunta licita as obras de demolición da actual terminal de autobuses de Ourense, por máis de 523.000 euros, e avanza na nova estación intermodal que estará rematada a finais deste verán.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, xunto coa delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, mantivo unha videoconferencia co equipo técnico responsable deste proxecto para supervisar a evolución das obras. Na reunión tamén participaron o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, o director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, o concelleiro de Infraestruturas de Ourense, José Miguel Caride e o director xeral de Construción de ADIF, Juan Pablo Villanueva.

10,00 h.-    A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, acompañada da delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, manterá unha xuntanza co equipo técnico responsable da estación intermodal de Ourense para supervisar a evolución das obras. Na reunión, na que tamén participará o concelleiro de Infraestruturas de Ourense, José Miguel Caride, abordarase así mesmo o proxecto de demolición da actual estación de autobuses. Na sala de xuntas da Consellería (1º andar). foto xoán crespo05/05/2020No encontro abordouse o inicio, hoxe, da contratación da demolición da actual terminal de autobuses, licitada por máis de 523.00 euros. A actuación suporá un investimento autonómico global de arredor de 650.000 euros, tendo en conta a necesidade de repoñer os servizos afectados.

As empresas poden presentar ata o vindeiro 2 de xuño as súas ofertas para executar esta intervención, que disporá dun prazo de execución de 4 meses.

Vázquez Mourelle explicou que estas obras comezarán cando conclúan os traballos da nova estación de autobuses e se traslade a ela a actividade, deixando eses terreos libres para a nova residencia da terceira idade.

Por outra banda, na xuntanza avaliouse o progreso das actuacións en marcha de construción da nova estación de autobuses integrada na intermodal, reiniciadas a mediados de abril tras a interrupción na súa execución derivada da crise do COVID-19. Na reunión constatouse que os traballos se están a realizar coas necesarias medidas de protección da saúde dos profesionais para evitar contaxios.

A responsable de Infraestruturas destacou o avance nos traballos da nova estación de autobuses no barrio da Ponte, onde xa é visible a estrutura do edificio, que acada o 80% de execución, restando o forxado da cuberta e as lousas dos vestíbulos.

estacion-de-autobuses-de-ourense

Estación de autobuses que se vai a derrubar

Os traballos previos de demolición están practicamente rematados, quedando só pendente a cuberta do edificio do ADIF, adxacente á nova estación de autobuses, e o levantado de pavimentos correspondentes ao aparcadoiro privado. A cimentación do edificio de viaxeiros está case finalizada, salvo no vestíbulo que se atopa no límite do aparcadoiro subterráneo que executa ADIF. Este mes prevese rematar a estrutura do edificio para, seguidamente, comezar coa colocación de tabiquería. Ademais realizarase o replanteo da cimentación da marquesiña de andéns para comezar cos traballos de escavación da cimentación.

A conselleira de Infraestruturas interesouse ante ADIF polo avance das obras no aparcadoiro subterráneo de 300 prazas, que financia maioritariamente a Xunta, ao destinar un investimento autonómico de 9 millóns de euros entre a nova estación de autobuses e o aparcadoiro.    

Tamén destacou a necesidade de coñecer o cronograma que manexa ADIF para completar as obras da parte ferroviaria, que son da súa competencia e as que xeran maior incerteza. Ademais reiterou a proposta autonómica de novo viario de acceso, acordada co Colexio de Arquitectos, e para o que ADIF debe ceder o terreo.

Para aclarar estas cuestións, a responsable de Infraestruturas incidiu na importancia de convocar unha reunión de seguimento para aclarar dúbidas e falar da execución e deseño da parte ferroviaria.

Trasladou tamén a preocupación da Xunta pola falta de información oficial respecto á realidade das obras e do calendario previsto para o AVE a Galicia.