miércoles 01.04.2020

Fitoagraria organizou a II Xornada Técnica Agrícola

 “Intentamos que sexan unhas xornadas referentes no sector agrario”, asegurou González Vázquez

O xerente de Fitoagraria, Gonzalo González Vázquez, agradeceu aos poñentes a súa presenza e amosou o seu orgullo ante unha feira que cumpre hoxe o seu segundo ano. “Intentamos que sexan unhas xornadas referentes no sector agrario”, asegurou González Vázquez, quen recoñeceu tamén a súa ambición no intento de agrandar a zona de repercusión e chegar así á zona da Limia e a Ourense pero tamén a fóra de Galicia.

As II Xornadas Técnicas Agrícolas daban comezo esta mañá coa presenza de Marta Díaz, xestora de produtos sólidos Fertiberia Tech. A cordobesa presentou as súas novas tecnoloxías de abono “para desenvolver un cultivo máis eficiente con maiores producións e que teña maior rendibilidade”, como a gama Plumaster, cunha tecnoloxía novidosa que actúa a nivel de solo. En palabras de Díaz, estes novos produtos axudarían á redución da contaminación nun 50% ou 60% aproximadamente.

xornadaÁs 10:30h, tivo lugar a ponencia de Pau Vinyes sobre Nova plataforma dixital de BASF-XARVIO; e posteriormente, ás 12:15h, o Catedrático da Universidade de Lleida, Jordi Recasens falaría sobre a Identificación e conceptos sobre resistencias a herbicidas e manexo integrado de malas herbas de cereais de inverno. As xornadas da mañá puxeron o seu punto final con Pablo Oliveira Zumalave, encargado de Tratamentos fitosanitarios con dron.
Este último presentou un tema que, nas súas palabras “aínda está moi verde en España”, sendo o seu equipo de tratamentos de agricultura con dron o sexto dado de alta no noso país. O prezo varía en función do desprazamento e das hectáreas a traballar. En función do lugar onde se traballo, é necesaria a petición duns permisos especiais, como é o caso dos aeroportos. Actualmente Zumalave realiza demostracións destes tratamentos con auga a todos aqueles interesados, para demostrar a súa efectividade.

Ás 15:50h deron comezo ás xornadas da tarde, cunha demostración en campo con dron da man de Pablo Oliveira Zumalave. Seguidamente, ás 16:00h, Jordi Recasens trataría o tema da Identificación de malas herbas de cereais de inverno en campo e ás 18:30h, o enxeñeiro agrónomo experto en pataca, Fernando Alonso, falaría sobre o Almacenaxe da pataca. Finalmente, estas xornadas remataron cunha degustación de pinchos e vinos ás 20:00h.