lunes 30/11/20

As fortes chuvias provocaron dous accidentes case a mesma hora en Xinzo

Choque de 3 coches por alcance e derrube dun semáforo do centro da Vila

IMG-20201106-WA0006

Nun prazo curto de tempo, supoñemos que pola pouca visibilidade que había por mos das fortes chuvias que estaban caendo na vila a esas horas, producíronse dous accidentes na rúa principal de paso polo centro da vila.

CHOQUE DE TRES VEHÍCULOS

O primeiro deles foi na Avd/ de Madrid, onde varios coches chocaron. En principio, segundo manifesta a Policía Local  sen feridos graves, aínda que dúas persoas foron trasladadas en ambulancia.

Nesa hora a circulación de vehículos era moita e por mor do accidente fixéronse grandes colas.

IMG_20201106_204039

DERRUBE DUN SEMAFORO

Pouco máis tarde do primeiro accidente un camión levou ao seu paso co semáforo que dirixe a circulación entre a rúa Dous de maio e Avd de Madrid.

Neste momento a Policía Local, xunto con técnicos do Concello están intentando que tanto o tránsito pola vila, como o aparello se poña en funcionamento o antes posible.

IMG_20201106_204032