Foto do día (de noite)

Rúa S.Roque
Foto do día (de noite)

Onte a noite faciámonos eco da noticia do cambio de luminarias no casco vello por unhas novas luminarias LED, pero ademais neste caso dunha maneira diferente a como estaba anteriormente, instalándose unhas no centro das rúas que permiten mellor iluminación, no iluminan dende moi alto, co que a contaminación lumínica nos pisos e moito menor.

Unha das condicións que nos pregos é que non haxa puntos escuros nas rúas.

Isto na rúa S.Roque non puido ser. Segundo puido saber dendealimia.com algún veciño non autorizou a que se fixera o enganche, con dous parafusos na parede do seu edificio.

Preguntámonos, pode un veciño ir en contra dos beneficios dunha poboación e dos intereses comúns en contra dos intereses persoais?.

Aquí queda a polémica para debater nas terrazas e nas tabernas...