martes 11/5/21

Como fotografiar con mal tempo?

113
113

O vindeiro xoves día 17 as 20 horas (entrada libre) a Agrupación FotoSintese en colaboración co Centro Cultural Marcos Valcárcel organiza a presentación do libro de Eduardo Blanco Mendizabal, un dos máis recoñecidos fotógrafos de natureza de España. O libro titulase "Fotografiar con mal tiempo".

"Unha obra especialmente indicada para aqueles afeccionados a fotografía que desenvolven a súa actividade áo aire libre e os apaixoados da meteoroloxía que desexan mellorar a súa técnica fotográfica.
O autor analiza as diversas condicións da atmosféra e os fenómenos fisícos que se dan na natureza (nubes, tormentas, neboeiros, eclipses, neboa, meteoros ópticos, auroras polares, volcáns, tremores de terra, etc.) e aporta consellos prácticos para sacarlles partido. Para elo aporta a súa gran experiencia como fotógrafo profesional, ya que ten traballado esta temática durante varios anos visitando lugares como o deserto do Sahara, a selva da Amazonía, o macizo dos Alpes ou o círculo polar ártico, sen equencer o que acontecía ao pé da súa casa.
Ademáis dos valiosos recursos técnicos e dos datos de realización das tomas, neste libro atoparás unha variada galería de imaxes que che servirán de inspiración nas túas próximas saídas fotográficas."

Neste enlace podese obter máis información sobre o seu traballo:

http://ebmfoto.com/tienda/libros-ebooks/foto-mal-tiempo/

Comentarios