sábado 5/12/20
Óptica Penin comezou unha campaña de revisión da saúde visual gratuita para nenos e nenas ata os 12 anos

Gafas gratis de 5 a 7 anos

A campaña inclúe GAFAS GRATIS para os nenos e nenas que as necesiten e que teñan entre 5 e 7 anos.

Para todos,  revisión PREMIUM ata os 12 anos.

.
campaña salud visual
campaña salud visual

Penín Óptica e Audioloxía, co comezo do curso e tendo en conta a situación de pandemia quere colaborar coa saúde visual de todos os nenos e nenas da Limia.

campaña salud visual 1A finalidade da campaña detectar anomalías visuais nos nenos en idade escolar, dado que unha porcentaxe moi alta de fracaso escolar ten un compoñente visual. Aproximadamente o 30% dos casos de fracaso escolar están causados por mala visión, isto supón 1 de cada 3 nenos.

É moi importante detectar os problemas visuais a tempo para evitar problemas de aprendizaxe. Segundo datos do Consello xeral do colexio de Ópticos optimetristas un 50% dos nenos que necesitan lentes non as usan por descoñecemento dos seus pais.

Esta última afirmación lévanos a poñer especial coidado por parte dos proxenitores e profesores nos síntomas que produce unha mala visión.

Principais indicios dun problema visual en idade escolar:

  1. Baixo rendemento escolar
  2. Mala coordinación ollo-mano
  3. Fatiga visual ou visión borrosa
  4. Saírse dos espazos ao colorear un debuxo
  5. Baixa concentración e comprensión lectora
  6. Lectura lenta ou guiada polo dedo. Saltos de liñas
  7. Distancia moi corta de actividade en preto (achegarse moito ao papel)
  8. Hiperactividade en lugares pechados (algúns nenos con mala visión poden confundirse con nenos hiperactivos e mesmo ser diagnosticados de TDHA).