lunes 16.12.2019

GARCIA (BNG): “OURENSE ESTÁ A VIVIR UNHA SANGRÍA DEMOGRÁFICA DEBIDO Á INACCIÓN POLÍTICA DO BIPARTIDISMO”

O candidato ao Congreso dos Deputados polo BNG remarco na capital da Limia a necesidade dunha voz propia en Madrid para defender os intereses das galegas

GARCIA (BNG): “OURENSE ESTÁ A VIVIR UNHA SANGRÍA DEMOGRÁFICA DEBIDO Á INACCIÓN POLÍTICA DO BIPARTIDISMO”

O Bloque Nacionalista Galego realizou un encontro co candidato ao Congreso dos Deputados por Ourense, Francisco, acompañado polo concelleiro do BNG, Ramiro Rodríguez, e a deputada no Parlamento de Galiza, Noa Presas. Sinalaron a necesidade de forzas públicas no Congreso dos Deputados e animaron ás veciñas de Xinzo a votar pola candidatura do BNG.

O candidato ao Congreso, Francisco García, falou da necesidade que ten a comarca da Limia de ter axudas para o desenvolvemento dos nosos sectores produtivos. “Hai IMG_20191102_204557gandeiras e agricultores nesta comarca, pero precisamos que dende Madrid escoiten as nosas problemáticas” explicou García. O candidato insistiu na necesidade de “levar unha voz ao Congreso de todas esas mozas que queren traballar na terra pero que se ven forzadas a emigrar”.

Remarcou a necesidade da mellora dos servizos públicos de calidade, sobre todo en sanidade e educación, así como as medidas transversais para frear a sangría demográfica están entre as prioridades do candidato a partir do 10N. “Precisamos un cambio radical e iso pasa pola confianza nas propias forzas para defender os intereses desta provincia no Congreso”, apuntou García.

“Ourense está a vivir unha sangría demográfica debido á inacción política do bipartidismo estatal” sinalou o candidato do BNG ao Congreso. “Temos que converter ese cabreo colectivo nun voto útil e levar á forza que representa os intereses das galegas ao Congreso” sentenzou García.

Darlle a volta á realidade de Ourense

“Ourense é hoxe un territorio en extinción porque as forzas políticas estatais, o bipartidismo, non atenden os nosos intereses e por iso debemos darlle a volta á irrelevancia política de Ourense. Será o BNG quen condicione, nun contexto sen maiorías absolutas, as decisións que nos afectan ás galegas e galegos e quen apostará por máis poder político” sinalou a deputada no Parlamento de Galiza, Noa Presas.

Asemade, apuntou que o BNG preséntase co exemplo de 30 anos da revolución en Allariz e cos deberes feitos. “Se queremos un futuro diferente temos que probar receitas e actores diferentes a nivel estatal” recalcou Presas.