jueves 3/12/20
Tráfico

A Garda Civil iniciou unha campaña especial de motocicletas

Aumentouse a presenza dos axentes da Garda Civil de Tráfico naquelas vías de comunicación que son frecuentadas por grupos de moteiros.

A Garda Civil realizando un dos controis.
A Garda Civil realizando un dos controis.

Durante estes días festivos da Semana Santa, agraciados por unhas boas condicións climatolóxicas, é de prever que se dispoñan a gozar da circulación en motocicleta os amantes das dúas rodas, tras o parón invernal.

Desde o Subsector de Tráfico da Garda Civil de Ourense, faise un chamamento á prudencia por parte destes condutores, para que "extremen as medidas de seguridade e, sobre todo, moderen a velocidade e a adecúen ás condicións e ao trazado da estrada pola que circulen". "Gozar dunha motocicleta non é circular a gran velocidade, senon sentir a sensación de liberdade, o aire, o son do motor e poder chegar e estacionar en lugares aos que non se pode acceder nun turismo, para poder observar e deleitarse coa contorna que nos rodea", afirman dende Tráfico. 

En relación co anteriormente exposto e en aras da concienciación dos motoristas, o pasado fin de semana realizouse unha Campaña Especial de Motocicletas, co obxecto de reducir a sinistralidade nas estradas, aumentándose a presenza dos axentes da Garda Civil de Tráfico naquelas vías de comunicación que son frecuentadas por grupos de moteiros, tendo en conta que esta é unha da medida máis efectivas para evitar e disuadir que se cometan infraccións que poñan en perigo tanto a integridade física dos motoristas como doutros usuarios das vías. Como resultado destes servizos, foron controladas 216 en estradas convencionais e 53 en autovía. De todas elas, denunciáronse 2 por rodas lisas, 5 por exceso de velocidade e 6 por irregularidades documentais.

Comentarios