A Garda Civil intensifica a vixilancia cunha operación especial de Semana Santa

gc
A Garda Civil intensifica a vixilancia cunha operación especial de Semana Santa

Os Sectores de Castela e León e Galicia coordínanse para aumentar a seguridade viaria nas rutas de acceso ao norte de Portugal e Galicia. Incrementaranse os controis de velocidade, alcol e drogas.

Unha das cousas máis importantes de gozar varios días de lecer é volver e poder contalo. Por este motivo, o Sector de Tráfico de Castela e León xunto co de Galicia de forma coordinada cos centros de xestión de tráfico (CXT) da DXT, puxeron en marcha todos os medios humanos e materiais que teñen á súa disposición para o dispositivo especial de regulación e vixilancia do tráfico por estrada con motivo do inicio da Semana Santa que comezou o pasado venres ás tres da tarde, co obxectivo de garantir a seguridade dos condutores que utilizan as principais vías de acceso a Galicia e norte de Portugal, para pasar uns días de descanso nas súas respectivas zonas turísticas da costa, segundas residencias e poboacións con actos relixiosos tradicionais.

A Garda Civil intensificou a vixilancia nas principais vías de acceso á nosa comunidade e o norte de Portugal

Semana Santa é unha das épocas do ano con máis intensidade de circulación de vehículos, xa que nun curto espazo de tempo prodúcense multitude de desprazamentos con orixes e destinos similares, realizados nos mesmos días e horas. Por este motivo, a Garda Civil intensificou a vixilancia nas principais vías de acceso á nosa comunidade e o norte de Portugal.
Entre as accións prioritarias de vixilancia, as patrullas incidiron na velocidade, uso do cinto de seguridade, sistemas de retención infantil, así como consumo de alcol e drogas durante a condución.

Controis de velocidade

En canto aos controis de velocidade, programáronse controis en tramos de especial risco, en múltiples emprazamentos das principais rutas de acceso desde Castela e León cara a Galicia e norte de Portugal, especialmente nas autovías A231, A52, A6, A75 e A66; por ser as que contan con maior volume de tráfico estes días.

Na autovía A75 (Verín e Chaves) controláronse 386 vehículos, formulando denuncia a 48.

En Galicia, e concretamente na autovía A75 (Verín e Chaves) controláronse 386 vehículos, formulando denuncia a 48 vehículos, dos cales 38 eran estranxeiros.

Noutro dispositivo da A52 (Benavente-Porriño) controláronse preto de 1.000 vehículos formulando denuncia a 198 por exceso de velocidade.

A 200 Km/h e positivo en alcol

Resultado moi rechamante foi o dun condutor detectado circulando a 200 Km/h, que tras a proba de alcolemia á que se ven sometidos todos os infractores, arroxou unha taxa de alcolemia de 0,70 mg/l. de aire expirado. Ademais, tamén foron sorprendidos outros dous condutores con perda de vixencia do seu permiso de conducir. Aos tres citóuselles como investigados pola presunta comisión dos seus respectivos delitos contra a seguridade viaria.

Detectouse un condutor circulando a 200 Km/h, que tras a proba de alcolemia á que se ven sometidos todos os infractores, arroxou unha taxa de alcolemia de 0,70 mg/l.

En suma, houbo varios casos de vehículos estranxeiros que superaron amplamente os límites de velocidade, alcanzando velocidades de 198, 187, 184 e 171 km/h, os cales foron todos identificados e inmobilizados ata que realizaron o depósito do importe da sanción.