O Goberno de Elvira Lama demostra a sua incapacidade cando non a incompetencia para xestionar o Concello de Xinzo

Antonio Fernández (Toni)
O Goberno de Elvira Lama demostra a sua incapacidade cando non a incompetencia para xestionar o Concello de Xinzo

O Partido Popular reprocha ó Cuatripartito de Elvira Lama que non fixera absolutamente nada para incrementar o Padrón de habitantes durante estes tres anos e medio do seu Goberno, situándonos, a setembro do 2022 con 9.589 habitantes no numero mais baixo de habitantes dende finais do século pasado.

Agás quizais, autorizar e mesmo condonar as taxas municipais de apertura ao macro centro comercial de produtos chineses que se esta instalando no Parque Empresarial. Mentres, por outro lado, néganlle a Asociación de Empresarios do Parque, a autorización pola que levan agardando fai mais dun ano, para colocar uns postes co nome das rúas, que paga a propia asociación..

Ou demoran irresponsablemente o remate da colocación das luminarias Led do Plan IDAE no Parque Empresarial, que anunciaban como zona prioritaria, pola que levan esperando os empresarios outro ano mais, mentres se remata a colocación en urbanizacións, que tendo todo o dereito a iluminación Led, non son zonas estratéxicas para o desenvolvemento económico do Concello.

Preguntámonos si é así como o Concello pretende potenciar a actividade empresarial, axudar ao Comercial Local e dinamizar a creación de riqueza e postos de traballo; E si está é a sua fórmula para incrementar o padrón de habitantes, e fixar poboación no noso municipio.

No período 2010/2019 a perda de veciños no municipio segundo o INE, fora de 409 persoas, unha media de casi 45 baixas por ano. Daquelas, Lama Rodriguez acusaba directamente ao Goberno do Partido Popular do descenso da poboación. Mesmo, nun escrito rexistrado no mes de maio do 2018 recrimináballes esta baixada do censo, acusando aos populares por, segundo a demagóxica Alcaldesa, “estar mais ocupados do censo interno do PP, que do censo de toda a veciñanza...”

Críticas e reproches, malia que os gobernos do PP xa tiñan feito campañas tentando frear aquel descenso, incentivando distintos servizos municipais, ou realizando controis da poboación nos que participaba a Policía Local co obxectivo de verificar e instar o empadroamento das persoas que vivían na capital limiá.

A Alcaldesa reclamaba daquelas informes da Intervención e Tesoureira Municipal que determinaran as Consecuencias económicas que tería para o Concello a cuantia dos importes que iban a deixar de ingresar as arcas municipais polas asignacións do Goberno Central e da Xunta de Galícia, cifrándoas en preto de 200.000 Euros ó ano.

Pero Lama iba mais aló no 2018, nun intento mais de criminalizar a acción do goberno do Partido Popular, solicitaba un informe de Secretaria Municipal que determinara as “consecuencias Xurídicas” por os prexuízos que aquela baixada de habitantes estáballes causando a institución e “a todos e a todas nos”, ameazaba a Sra. Lama.

Pero como unha cousa e predicar e outra ben distinta Gobernar, bastaron un par de anos daquelas acusacións, para que o Concello de Xinzo, xestionado agora por o Cuatripartito, siga baixado desde que gobernan mais de 246 habitantes, unha media de 61,75 veciños por ano, media moi superior a dos anos gobernados por o Partido Popular. Situándose de feito, a setembro do 2022 con 9.589 habitantes, na numero mais baixo de habitantes dende 1999, que previsiblemente ainda será menor a finais de ano.

Lonxe de buscar solucións, Xinzo segue a baixar poboación, sin que o Grupo de Goberno que na anterior lexislatura demandaba medidas e denunciaba as graves consecuencias que tiña para as arcas municipais, adoptara nin unha soa medida, ou fixera algunha campaña.

O Cuatripartito, como en outras ocasións, terán a tentación de vendernos que fixeron algo, xustificando as axudas que se deron por todas as administracións, para paliar as consecuencias económicas da pandemia do COVID.

Aquela moción que presentaba a actual Alcaldesa en xaneiro do 2018, e que apoiaban no Plenario moitos dos actuais membros do Cuatripartito, acusaba ao PP “Dun censo que cae en picado cara un burato negro”. Agora incapaces de adoptar algunhas medidas, buscaran escusas de mal pagador para seguir, como fan sempre, botándolle a culpa de todos os males ao Partido Popular.

Unha vez mais, por cousas como estas, o Goberno de Elvira Lama demostra a sua incapacidade cando non a incompetencia para xestionar o Concello de Xinzo, e os veciños, que teñen memoria, non deixan de falar da grande farsa que están representando os membros da coalición, antes na oposición e agora no Goberno local.