“O goberno máis plural que nunca tivo Xinzo, pero tamén o máis cohesionado, compacto solidario e eficaz”

pleno16
“O goberno máis plural que nunca tivo Xinzo, pero tamén o máis cohesionado, compacto solidario e eficaz”

Son consciente de que hoxe estamos a iniciar un novo tempo político para Xinzo

14

Unha vez, feito o xuramento do cargo e entregado o bastón de mando Elvira lama dirixiuse aos presentes no salón de plenos para agradecer a todos os que fixeron que ela sexa hoxe a primeira alcaldesa de Xinzo por esta enorme honra que é ao mesmo tempo unha inmensa responsabilidade.

Tamén quixo agradecer especialmente a aqueles votantes dos catro partidos que formamos o goberno de coalición que gobernará Xinzo durante os próximos 4 anos e que foron os que en primeira instancia fixeron posible este cambio en Xinzo. Todo o meu ríspeto para os que votaron a outras formacións políticas, faltaría máis, serei a alcaldesa de todos e de todas.

UN SO EQUIPO E UN SO GOBERNO

15Continuou dicindo que ainda que o goberno estará formado por catro partidos distintos e sete concelleiros. Pero que a partir de hoxe mesmo, seremos un so equipo, un so goberno. O goberno máis plural que nunca tivo Xinzo, pero tamén o máis cohesionado, compacto solidario e eficaz.
Somos sete veciños e veciñas aos que todos coñecedes, comprometidos ao máximo con este pobo, que queremos o mellor para él e que estamos decididos a cámbialo para sempre, sen sobresaltos, dun xeito tranquilo, sosegado pero ao mesmo tempo con moita ambición e determinación.

UN GOBERNO DE COALICIÓN REXIDO POLA AUTONOMÍA A LEALDADE E O RESPETO MÚTUO
Esta é razón principal pola que firmamos un acordo de goberno en coalición que se rexera polos principios de lealdade e respecto mutuo; goberno único sen prexuízo da autonomía nas areas de xestión; actuación coordinada e resolución polas vías establecidas das posibles discrepancias que puideran xurdir; dialogo e a interlocución constante. A POLITICA é a arte do dialogo.
Este goberno rexerase na súa actuación polos principios de cohesión social, respecto pola nosa identidade, equilibrio territorial, equidade, políticas redistributivas en beneficio das persoas con maiores dificultades e limitacións, fomento da igualdade real, posta en valor dos nosos recursos naturais e culturais, respecto pola diversidade.

Rafa, Alberto, Amador, Moncho, Manolo, RamiroXinzo acaba de encargarnos una misión de gran importancia, posiblemente a misión máis importante das nosas vidas. Poñer en marcha este pobo, dinamizalo, adecentalo, melloralo, convertelo nun lugar moito mellor para vivir, traballar, desfrutar… Por iso comprométome en nome de todas e todos nos a non escatimar esforzos, a dedicarnos en corpo e alma a esta tarefa que nos acaban de encomendar os nosos propios veciños e veciñas.

GOBERNO DE TODOS E PARA TODOS E TODAS

Este vai a ser o goberno de todos e todas. Un goberno limpo, sen mácula, transparente, aberto e nada sectario; inclusivo, que escoitará atentamente a todos, incluída a oposición, a que dende agora tendemos a man na esperanza de que fará propostas construtivas. Un goberno que incorporará todo o bo que se nos propoña; un goberno que non excluirá a ninguén e que intentará sumar a cantos máis mellor. Escoitar, sumar ideas, propostas, iniciativas…. E aínda así, sumando todos e todas, seremos poucos para poñer a este pobo no lugar que se merece. Necesitamos contar co traballo real e efectivo de tódolos traballadores e traballadoras deste Concello para materializar cada acción de goberno por pequena que sexa, coa súa colaboración todo vai ser mais doado.

Son consciente de que hoxe estamos a iniciar un novo tempo político para Xinzo. Por moitas razóns.

Unha Licenciada en Historia facendo HISTORIA.

Unha delas é que vou ter a honra de ser a primeira Alcaldesa deste pobo. Unha Licenciada en Historia facendo HISTORIA. Por iso que tamén dende hoxe quero empeñarme en que Xinzo sexa un concello feminista, libre de violencia de xénero e de machismo, comprometido coa igualdade, co ríspeto ao diferente, cos dereitos de cidadanía de todos e todas.

13Pero quero comprometerme especialmente coas persoas. Cambiaremos Xinzo, sen dúbida. Construiremos un pobo máis bonito, máis amable e agradable, no que haxa traballo e dé gusto vivir e traballar; un pobo do que todos e todas podamos presumir, do que sentir orgullo. !!Xinzo, Un sentimento, como dicimos no Entroido!!
Pero sobre todo quero comprometerme a que as persoas en Xinzo sexan felices porque teñan todo o que necesitan, sen importar que sexan maiores, novas, xóvenes ou nenas. O meu empeño, o empeño de todo o goberno, será a procura da súa felicidade, o seu benestar, a satisfacción das súas necesidades. Porque xusto para para iso chegamos ao goberno e xusto por iso queremos ser recordados.

RECORDOS PARA GONZALO SUEIRO E Mª CARMEN SOBRADO
Instantánea - 372Permitídeme un inciso persoal. Cheguei a Política da man de Gonzalo Iglesias, e Mª Del Carmen Sobrado, despois foron moitos compañeiros e compañeiras que me alentaron na gran familia Socialista, tanto a nivel local, provincial,e nacional. Fun aceitando cargos e responsabilidades cada vez maiores co paso dos anos, renunciando a gran parte da vida persoal e familiar. Quero entón agradecer os meus pais os valores e principios que me inculcaron, o meu compañeiro de vida e a miña filla por roubarlles tempo e dedicación, as miñas irmáns o seu animo, apoio e alento constante. A Laura e Carballo polo seu traballo e apoio decidido. Sei que podo seguir adiante neste camiño da política por que vou ben acompañada, incluídas aquelas persoas tan importantes que trascenderon o material, onde queira que estean.

Quero dicirvos que o mellor para Xinzo está por chegar. Empeza hoxe, cando emprendemos un camiño que me gustaría que percorrésemos xuntas. A iso vos convidamos, aos que estades aquí e aos que no puidestes vir, a que nos axudedes a construír dende hoxe mesmo o Xinzo que queremos deixarlle aos que veñan despois de nos e os que nos visiten.