miércoles 3/3/21

A Grada Civil xa está controlando os desprazamentos na Limia

Bastantes incidencias, segundo os membros do control de Xinzo e en pouco tempo

IMG_20210213_155158

Xente que non pode demostrar que é verdade o que din, por exemplo o de que vai a podar, pero non pode demostrar con documentos e sobre todo, porque no propio coche non leva ningunha ferramenta para facelo.

TRES NUN MESMO VEHÍCULO

Outra das infraccións foi a de que tres xoves ían nun mesmo coche, non podendo demostrar que eran convívente, polo que hai que propoñer para sanción.

Tamén puidemos ver a persoas que non son do concello onde se está a facer o control, nin da nosa autonomía, aínda que insisten en que viven en Xinzo, sen presentar ningún documento que o acredite.

TRAER MENORES

 Outra das infraccións que a parella da Garda Civil comentou a este xornal foi a de levar menores dentro do coche tendo o domicilio noutro concello e insistindo que os traían para Xinzo.

A parella que estaba a facer o control esta tarde na ponte na estrada de Xinzo a Baltar, xa viñan de Sandiás e pertencía a comandancia de Ourense.