lunes 30/11/20

O Grupo Popular no Concello de Xinzo solicitará un pleno extraordinario para facer un plan de emerxencia de axuda ao comercio, pemes e entidades sen ánimo de lucro

Propón que nese plan extraordinario se invistan os cartos do remanente e a partida da Bolsa Social e se leve para aprobar nun Pleno Extraordinario, sen ter que esperar ao de decembro.

Grupo Popular de Xinzo

O Grupo Popular do Concello de Xinzo ven de presentar sendos escritos para tratar nun pleno extraordinario que se convoque unha vez que os técnicos de Facenda den o visto e prace as súas propostas que son as seguintes:

Investir todo o remanente posible do superávit e a partida de Bolsa Social do noso Concello en:

Axudas directas aos sectores económicos (pemes, autó[email protected], comercio, hostalaría,..) e persoas que máis están a sufrir a crise económica actual.

Axudar as asociacións sen ánimo de lucro no gasto de material de limpeza, desinfectante e de prevención, para levar adiante segundo os protocolos, as súas actividades.

Reforzar a colaboración cos centros educativos do noso Concello en material e persoal de limpeza, desinfección e prevención.

Acondicionar todos os departamentos municipais coas pantallas de metacrilato

Grupo popular

O Grupo de Goberno quedou en revisar co Departamento de Intervención a posibilidade de levar adiante esta moción, afirman no seu escrito os concelleiros do PP.

O noso grupo cree que non se debe esperar máis en dar resposta a este tema, a economía da nosa veciñanza está a sufrir unha crise e o Concello de Xinzo de Limia debe arrimar o ombro e axudar na medida das súas posibilidades.

 Estamos nun novo Estado de Alarma e non hai indicios de mellora nas condicións, que cada día, teñen que loitar as nosas pemes, autó[email protected], comercio, hostalaría, ... para saír adiante.