O grupo popular do concello de Xinzo, solicitará cartos, para máis asociacións

Grupo Popular de Xinzo
O grupo popular do concello de Xinzo, solicitará cartos, para máis asociacións
Tamén que o concello regularice as “subvencións en especie” e que ningún membro do equipo de goberno presida ningunha asociación con subvención nominativa, como se fixo na anterior corporación.

O Grupo Municipal Popular rexistrou hoxe unha moción para debater e aprobar no vindeiro plenario que se celebre no Concello de Xinzo o seguintes acordos:

Instar ao Concello de Xinzo de Limia a:

1.- Que toda asociación con sede no noso Concello e que traballe polo interese da nosa veciñanza se lle conceda unha subvención nominativa acorde coas actividades que realicen no ano 2021, participantes, viaxes para eventos e gastos-ingresos xustificados por lei.

2.- Se faga a modificación de crédito necesaria para aumentar a partida de subvencións nominativas. Dotando de melloras xustificadas a cada asociación por actividades realizadas neste ano, participantes, viaxes e demais gastos relativos con cada actividade.

3.- Se regularice todas as “subvencións en especie”

4.- Por ética para todas as entidades sen ánimo de lucro, non se lle permita ter nas súas directivas a membros do Grupo de goberno Municipal en cargos de relevancia.

Nos orzamentos municipais do 2021, aprobados no pleno ordinario do 25 de febreiro, atopamos que no anexo de subvencións a entidades sen ánimo de lucro, varias asociacións non aparecen como beneficiarias das axudas nominativas que o Concello de Xinzo de Limia concede cada ano.

Importantes entidades sen ánimo de lucro que traballan polos intereses agrogandeiros, hostaleiros, deportivos ou culturais-educativos da nosa veciñanza, non aparecen no anexo de subvencións dos orzamentos 2021.

Atopamos que no baremo de concesión tampouco se tiveron en conta as actividades que se están a realizar e se realizarán ata final de ano, o número de participantes, as viaxes para eventos dos seus asociados ou gastos-ingresos xustificados que ten cada asociación.

Tamén atopamos que non aparecen todas as “subvencións en especie” que dende fai anos o Concello de Xinzo de Limia concede ás asociacións sen ánimo de lucro tanto co traballo do persoal técnico municipal como de instalacións.

E para rematar, atopamos que unha das asociacións con concesión de “subvención nominativa” a cargo dos orzamentos 2021 está presidida por un concelleiro membro da Xunta de Goberno Local. No anterior mandato a todos os concelleiros e concelleiras do Grupo de Goberno tiveron que dimitir dos seus cargos nas entidades sen ánimo de lucro do noso concello, para que estas asociacións puidesen optar ás subvencións municipais.

Como xa se dixo no debate no pleno do 25 de febreiro, estes orzamentos que son os máis flexibles en regras de gasto da última década; son insolidarios, con poucas partidas sociais, só miran polos intereses persoais do Grupo de Goberno, con poucas axudas, pendentes de varias modificacións de crédito para cadrar os verdadeiros gastos, e como se pode ver no anexo de subvencións, deixando entidades sen ánimo de lucro fóra delas.