sábado 31/10/20
Pataca da Limia

O PPdeG estuda coa IXP Pataca de Galicia unha campaña de promoción

José González e Carlos Gómez reuníronse esta mañá co presidente e o secretario desta entidade en Xinzo de Limia.

José González e Carlos Gómez na IXP Pataca de Galicia
José González e Carlos Gómez na IXP Pataca de Galicia

O portavoz do Medio Rural, José González, e o deputado do Grupo Popular Carlos Gómez Salgado reuníronse esta mañá cos responsables da Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia, con quen estudaron a posibilidade de poñer en marcha unha campaña de promoción deste produto.

José González e Carlos Gómez reuníronse co presidente do Consello Regulador da IXP Pataca de Galicia, Julio Gómez Fernández, e o secretario e xestor de calidade desta entidade, Ricardo Losada Blanco.

Logo dunha visita polas instalacións da IXP Pataca de Galicia en Xinzo de Limia, os deputados populares amosaron o seu interese polo expediente de ampliación do número de variedades acollidas a esta indicación xeográfica protexida (a agria e a fina de Carballo), de xeito que se abra á comercialización dun maior número de produtos.

Así mesmo, na reunión estudouse a posibilidade de poñer en marcha unha campaña de promoción específica da pataca de Galicia, co obxectivo de ampliar o seu mercado de distribución como un produto de calidade.

Comentarios