viernes 23/10/20

O Grupo Popular de Xinzo acusa ao goberno local de sumisión a Pedro Sánchez

Parece que non lles interesan os problemas dos nosos veciños

Grupo popular
Grupo popular de Xinzo

Nota de prensa enviada polo grupo popular no concello de Xinzo

Qué está primeiro os desexos do Sr. Sánchez, Presidente do Goberno Estatal, ou o benestar da cidadanía do Concello de Xinzo de Limia?

Dita resposta é sinxela para Elvira Lama e o Grupo de Goberno do noso Concello; primeiro é ser boa lacaia e lacaios de Pedro Sánchez.

Que máis dá que as fronteiras próximas con Portugal  estean pechadas, que máis dá as homenaxes polas vítimas da Covid19, que máis dá se non se fan Plenos para aprobar axudas á xente que o necesita ,... E por último que máis dá se o Goberno Central se queda co superávit das nosas arcas municipais. Todo elo deixando a un lado solicitas e mocións presentadas polo Grupo Municipal Popular nestes meses.

A moción na que se insta ao Goberno de Sánchez que o superávit dos Concellos e Deputacións só pode ser utilizado polas administracións locais na súa veciñanza, presentada polo Grupo Municipal Popular o pasado 12 de maio; foi votada en contra polo Grupo de Goberno na Comisión Informativa, rexeitando que sexa debatida e aprobada no Pleno Ordinario deste venres.

Dita moción foi aprobada xa  na Deputación e noutros Concellos. Con votos favorables de distintas formacións políticas.