jueves 09.04.2020
NOTA DE PRENSA DO PP

O grupo Popular de Xinzo tacha de HIPÓCRITA ao grupo de goberno de Xinzo

Grupo popular de Xinzo
Grupo popular de Xinzo

Di o diccionario da RAG: “Hipocrisía é a actitude daquel que finxe o que non sente e mantén unha postura falsa cara aos demais e tamén carácter das palabras, xestos e feitos dos que teñen esta actitude”.

 Hipocrisía do Grupo de Goberno Municipal cando fai un mes, no último pleno ordinario, contesta afirmativamente á entrega, ao Grupo Popular, do borrador dos orzamentos do 2020.

 Hipocrisía cando o Grupo Popular fai a solicitude por escrito e rexistrada no Concello, para que ninguén se esquecera do dito no plenario, e  non recibimos contestación algunha a día de hoxe.

 Hipocrisía cando fai uns días aparece un artigo na prensa, onde o concelleiro responsable, dá unhas pinceladas do novo orzamento, e nós á espera do borrador para estudalo e por na mesa as nosas ideas.

 Hipocrisía é vender  o novo orzamento como a nova panacea e resulta que unha vez lido o artigo de prensa parece un “copia, corta e pega” dos anteriores.

 Hipocrisía é querer abandeirar a palabra transparencia, e en 7 meses estar a ocultar, de continuo, cousas tan básicas para o funcionamento do noso Concello. Preguntas sen respostar, gastos sen mostrar, orzamento sen ensinar.

GOBERNO DE HIPOCRESÍA!!!