domingo 29.03.2020
ULTIMA HORA

Os grupos políticos do Concello, convocarán a Elsa Altagracia (a vidente de Xinzo)

Para que faga unha predición sobre a durabilidade do próximo alcalde ou alcaldesa.

Elsa Altagrácia (Foto arquivo)
Elsa Altagrácia (Foto arquivo)

A situación política, e as estratexias a seguir, cada vez son mais creativas e innovadoras.

Despois das reunións mantidas entre os diferentes grupos políticos do Concello de Xinzo, e por unanimidade, decidiuse facer unha consulta “extra-oficial”, a vidente da vila, Elsa Altagracia, que tantos acertos ten tido, para que faga unha predición sobre o tempo que vai a durar o próximo Alcalde ou Alcaldesa, e previo o nomeamento do mesmo, para non encontrase ante a posibilidade de ter que poñer un sexto inquilino da presidencia do Concello, antes de que cumpran os dous anos desde a dimisión de Antonio Pérez, en Marzo do 2.018.

12Segundo as informacións as que puidemos ter acceso, vaticinou, que sexa quen sexa, terá un mandato “tranquilo e sosegado”. Aínda que isto foi o que tamén dixo a Alcaldesa saínte na súa toma de posesión. Non sabemos, visto o visto, si iso é unha garantía.
“Tendo unha vidente na vila, e unha magoa non aproveitar as súas predicións”, dixeron de forma unánime na Comisión de voceiros dos grupos.

Concelleiros do grupo de goberno. Foto do día da toma de posesión
Puxémonos en contacto coa propia Elsa ALtagracia, pero rexeitou facer declaración sobre este asunto, e só nos dixo: “Ya tú sabes, mi amor”. E non, non sabemos.

Comentarios