sábado 25.01.2020
NOTA DE PRENSA DO GRUPO PUPULAR DE XINZO

Críticas do grupo popular ás últimas accións do goberno cuatripartito

A “Herdanza” recibida polo anterior Grupo de Goberno xa perdeu a pouca credibilidade, por dicir que nunca tivo ningunha

Ano novo e vida vella, así estamos no noso Concello; chega con ver como “salvan” unha cabalgata de Reis que non tiñan programada coa colaboración altruísta dun coñecido empresario local, o cal é moi de agradecer. Nin actuacións lúdicas, baile ou musicais para todos os nenos e nenas que, con moita ilusión, estaban esperando polas súas Maxestades no pavillón.

                               A escusa da “Herdanza” recibida polo anterior Grupo de Goberno xa perdeu a pouca credibilidade, por dicir que nunca tivo ningunha. O día 2 entrou en vigor o presuposto prorrogado, xa que o do 2020 non asoma por ningún lado, por moito que prometeran que ía estar en outubro do ano pasado. Coa prórroga de 8.300.000€, a espera do futuro presuposto 2020; xa teñen as partidas completas en cada departamento, non se puido contratar unha actuación para a espera no pavillón aos Reis Magos. ¿Qué escusa toca agora? ¿Culpa do PP?

Fai 2 meses que se solicitou un crédito de case 2 millóns de €, grazas a que a verdadeira herdanza foi dun Concello saneado; e aínda así non se abonan a día de hoxe as subvencións do ano pasado ás asociacións e os clubs, e retraso no pago de facturas correntes e presupostadas pola deixades dalgún concelleiro ou Alcaldesa en facer os seus informes.

Queixábanse de liquidez no verán, fan unha modificación de crédito de máis de 300 mil € e teñen un crédito de 1.850.000,00€, e retrasáronse en pagos de nóminas, subvencións, facturas,... Iso chámase nulidade de xestión.

Xestión que ata perdeu esa falsa bandeira da limpeza do pobo, a veciñanza pasea polas rúas e ven como están, e menos mal que teñen unha varredora que o anterior Grupo de Goberno deixou nova a estrear. Pero a resposta será de culpa da PP e da Veciñanza; nunca da xestión do Grupo de Goberno.

Feliz Ano Novo, Triste Vida Vella!!!