viernes 26/2/21

A hostalaría ten que esperar

O próximo luns 22 avaliarase a situación e verase se pode comezar coa desescalada neste sector
Praza Maior coa hostalería pechada
Praza Maior coa hostalería pechada

En relación á hostalería e aos domicilios, aseverou que a aspiración é reabrir o sector “coa intensidade que se concrete e canto antes se poida”, e recuperar tamén a posibilidade de compartir con non conviventes.

Non obstante, subliñou que, dada a etapa na que nos atopamos -con novas cepas circulando e cun proceso de vacinación en marcha-, é preciso afianzar o conseguido para poder dar ese paso; e tamén reforzar a seguridade para que, cando se dea, estar nas mellores condicións posibles.

Neste sentido, aseverou que o próximo luns 22 de febreiro, volverase a avaliar a situación de xeito que, se segue a tendencia á baixa na que estamos, poderase seguir a desescalada das restricións que aínda posúe a hostalería, “co grado de intensidade e en función dos datos epidemiolóxicos de cada ámbito territorial”.

Así mesmo, asegurou que se manterán as axudas que a Xunta ten a disposición do sector e que xa suman 160 millóns de euros; “lamentablemente, cunha nula colaboración do Goberno central e escasa en relación coas administracións locais”, abundou.