jueves 02.07.2020
Carlos Casares

Hoxe martes 16 comezan os actos da celebración das Letras Galegas 2017

O primeiro prato forte será a partir das 20:00 no auditorio da Casa de Cultura

193
193

Hoxe pola tarde comezan os actos dos dous días grandes  de actos en honor a figura do escritor limián Carlos Casares, no ano que a R.A.G decidiu dedicar o día das Letras Galegas ao escritor Casares.

O primeiro prato forte será a partir das 20:00 no auditorio da Casa de Cultura da vila da presentación da edición que o Concello de Xinzo fixo de tódolos artigos de "A marxe" que facían referencia a Xinzo.

A edición estará presentada polo tamén escritor limiao Antón Riveiro. A continuación haberá un "FALADOIRO arredor de Carlos" dentro do III Foro de escritores Limiaos. Todos eles afondarán no coñecemento da súa vida e do seu universo. Para rematar estas dúas sesión literarias actuará o coro Aimil Folk.

CONCERTO NA CARPA

Na carpa instalada na praza Carlos Casares a partir das 12:00, e como preludio dos actos Académico e Institucional do día seguinte, haberá un concerto do grupo Ruta de Xinzo, con cancións dedicadas tamén o autor.

Comentarios