domingo 24/1/21
Igualdade

Hoxe tivo lugar un obradoiro para fomentar a igualdade de xénero

O obradoiro formativo estivo organizado polo Centro de Información á Muller da capital da Limia.

Imaxe do exterior da Casa da Cultura, na Praza Carlos Casares.
Imaxe do exterior da Casa da Cultura, na Praza Carlos Casares.

Na mañá de hoxe, día 30 de marzo, tivo lugar na Aula Cemit da Casa da Cultura do Concello de Xinzo, un obradoiro formativo organizado polo Centro de Información á Muller da capital da Limia.

O taller, baixo o nome de "Educando dende a igualdade de xénero", tiña como obxectivos:

- Achegar os conceptos de igualdade e xénero ao alumnado coa finalidade de previr condutas de maltrato e de violencia cara as mulleres.

- Achegar o "Protocolo de actuación municipal para a atención ás vítimas de violencia de xénero", coa finalidade de que coñezan esta ferramenta eficaz nos casos de violencia de xénero.

Os destinatarios do obradoiro foron mulleres e homes en situación de vulnerabilidade social. O taller foi impartido polo Director do CIM de Xinzo de Limia.

Comentarios