martes 21/9/21
Carlos Casares

O II Certame de Creación Literaria e Plástica Carlos Casares xa ten premiados

O xurado falla os premos do II Certame escolar de creación literaria e plástica, dedicado a Carlos Casares, organizado polo Museo da Limia, o Centro de Cultura Popular do Limia e a Fundación Carlos Casares.

letras galegas
letras galegas

O Museo da Limia (Vilar de Santos), o Centro de Cultura Popular do Limia (Xinzo de Limia) e a Fundación Carlos Casares (Vigo) están a promover conxuntamente diversas actividades para celebrar as Letras Galegas 2017 dedicadas a Carlos Casares, co fin de acrecentar e enriquecer o estudo da súa figura e da súa creación literaria, semente de cultura.

Os traballos premiados serán publicados nun número monográfico da revista Lethes e os/as autores/as recibirán un lote de libros do autor, Carlos Casares, doado pola Fundación Carlos Casares.

Unha desta actividades foi a organización do II Certame escolar de creación literaria e plástica, no que se presentaron máis de 130 traballos e participaron alumnos de doce centros da comarca limiá: os CEIPs de Baltar, Os Blancos, Cualedro, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Vilar de Barrio, Carlos Casares e Rosalía de Castro de Xinzo, e Xunqueira de Ambía; e os IES Cidade de Antioquía e Lagoa da Antela de Xinzo.

Os traballos premiados neste II Certame escolar de creación literaria e plástica, conxuntamente cos relatorios ou comunicacións dos asistentes ao Foro de escritores limiaos, celebrado o pasado 29 de abril no Museo da Limia, serán publicados nun número monográfico da revista Lethes (Cadernos Culturais do Limia) que sairá no vindeiro mes de outubro.

O xurado estivo presidido por Antón Riveiro Coello

O xurado estivo presidido por Antón Riveiro Coello, contou con Chus Pato (María Xesús Pato Díaz), Concha Rousia e Manuel Seoane como vogais e actuou de secretario Delfín Caseiro Nogueiras.

RELACIÓN DE PREMIADOS:

CATEGORÍA I.- [email protected] de Educación Infantil e do 1º ciclo de Educación Primaria, na modalidade de creación plástica.

OPCIÓN

PSEUDÓNIMO

TÍTULO

LITERARIA:

Deserto

- -

PLÁSTICA:

"Ex aequo"

Juan Cristo

Chaira

Sen título. Carlos Pires Gómez. 2º EP. CEIP PI dos Blancos.

"As formigas suben". Noa Quintas Rodríguez. 2º EP. CEIP de Rairiz de Veiga.

 

CATEGORÍA II.- [email protected] do 2º e do 3º ciclos de Educación Primaria ESO, nas dúas modalidades.

OPCIÓN

PSEUDÓNIMO

TÍTULO

LITERARIA:

Barreiros

"Toribio revoluciona o tráfico". Andrés López Feijoo. 6º EP. CEIP Carlos Casares. Xinzo de Limia.

PLÁSTICA:

"Ex aequo"

Gamer Bluster

Bolboreta

"Un polbo xigante". Alumnado de 3º 4º e 5º de EP. CEIP de Sandiás.

"A bomba da felicidade". Carlota Iglesias Cid. 6º de EP. CEIP Pl. de Vilar de Barrio.

 

CATEGORÍA III.- [email protected] dos tres primeiros anos da ESO, nas dúas modalidades.

OPCIÓN

PSEUDÓNIMO

TÍTULO

LITERARIA:

Silver Wolfox

"O amor nas atraccións". Álex Jardón González. 1º ESO. IES Lagoa de Antela. Xinzo de Limia.

PLÁSTICA:

Deserto

- -

 

CATEGORÍA IV. [email protected] de 4º ano da ESO, de Bacharelato e de ciclos formativos de Formación Profesional, nas dúas modalidades.

OPCIÓN

PSEUDÓNIMO

TÍTULO

LITERARIA:

Xoaniña

"Un pano, un xornal e unha cadeira". Ana Posada Míguez. 1º BACH. IES Lagoa de Antela. Xinzo de Limia.

PLÁSTICA:

Ethel

"A nena do circo". Miranda García Fonseca. 1º BACH. IES Lagoa de Antela. Xinzo de Limia.

 

Comentarios