Inaugurada a 25 edición da Feira de Artesanía en Ourense

Inauguración Feira Artesanía Ourense 2022
Inaugurada a 25 edición da Feira de Artesanía en Ourense
Estará aberta na rúa do Paseo ata o día 1 de maio

Nesta edición que participan 17 obradoiros inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía especializados no traballo do coiro, da cerámica, da xoiería, dos arranxos florais, da bixutería, do téxtil e dos complementos de moda.

Os obradoiros que participan nesta 25 edición da Feira de Artesanía de Ourense son Suso Calo – Lobo Tolo (Moaña), Tu Coiro (Maceda), Amorei (Soutomaior), Bangus (Ourense), Silvereira (Ames), Chueco (A Coruña), Mario López (Vigo), La tienda de Geli (Cambre), Xakaranda (Marín), Noga Arts Joyería Artesanal (Santiago de Compostela), Mestura de Kores (Vigo), Paznavas (A Coruña), Taller Viola (Oza dos Ríos), Xabier Artesanal (Pereiro de Aguiar), Cerámica Ferreira (Vigo), Las flores de Greta (Gondomar) e Rosa Fraíz (Vilagarcía de Arousa).

A mostra está aberta na Rúa do Paseo de Ourense, en horario de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas.