Hoxe luns, día 26 de xuño, celébranse as avaliacións dos ciclos formativos de FP do IES Cidade de Antioquía, nas que practicamente a totalidade dos alumnos que cursaron o segundo curso destes ciclos obterán as titulacións que os habilitan para acceder ao mercado laboral.
Dende o centro formativo afirman que a "bolsa de emprego durante este curso tivo moito éxito".
Estes titulados integraranse xunto aos que quedan de cursos anteriores e formarán parte da "bolsa de emprego" que está a disposición de empresas e entidades a partir do día de hoxe e durante os vindeiros meses.
Dende o centro formativo afirman que a "bolsa de emprego durante este curso tivo moito éxito, xa que houbo moita demanda por parte de empresas e entidades e seguimos cun ratio de colocación entorno ao 30% de media".
Hoxe celçebranse as avalizacións dos ciclos de FP do Cidade de Antioquía.
Así mesmo, nesta mesma xornada enviouse información ás empresas e entidades de xeito directo para que estean informados da incorporación dos novos titulados do ano 2017. A intención é que estas entidades colaboradoras poidan consultar os perfís dos recén titulados.
As empresas e entidades que estean interesadas en incluírse na base de datos desta bolsa de emprego ou en solicitar candidatos poden contactar no correo electrónico bolsaempregoantio[email protected]