miércoles 28/7/21

Indignación polas obras na rúa S.Roque

O PP denuncia o pouco tacto do goberno municipal cos comerciantes do casco vello de Xinzo
IMG-20210615-WA0029

O Portavoz Municipal do PP en Xinzo, Antonio Fernández Veiga-Toni, fixo un comunicado esta tarde facéndose eco do malestar, non solo dos comerciantes das rúas e praza do casco vello, pola situación creada onte, día de feira, co corte do cruce central a carón da Praza Maior, e peche total da rúa, para levar a cabo as obras de reposición de pedras na rúa.

Entende o portavoz, que fala en nome dos comerciantes, que a decisión de pechar as rúas e comezar as obras en luns e día de feira, soamente obedece ao pouco respecto que ten este goberno ao comercio, que din que axudan e axudan, e cando chega o momento de demostrar ese apoio fan estas cousas. Non pasaría nada se se esperara ata hoxe martes para comezar as obras.

IMG-20210615-WA0028

NON SOLO AOS COMERCIANTES, SE NON AOS VIANDANTES

O problema non solo afectou aos comerciantes, se non tamén aos viandantes que tiveron que gardar fila para poder pasar da praza para a rúa por un pequeno corredor.

Parécenos algo inadmisible e que xerou un gran descontento.