Isaura Caramés "a pel ó igual que o campo precisa que a alimentemos e coidemos"

saxa
Isaura Caramés "a pel ó igual que o campo precisa que a alimentemos e coidemos"

Saxa pon en marcha a crono estética que trata de maneira natural o envellecemento da pel

O centro de estética Saxa en Xinzo incorpora un tratamento que se basea no equilibrio da parte máis superficial e a máis profunda da pel, unha sincronización da célula ó seu ritmo normal de desenvolvemento.

"A nosa pel ó igual que o campo precisa que a alimentemos e coidemos durante todo o ano", destaca a dona de Saxa, Isaura Camarés

O tratamento contempla varias fases que comezarían coa osixenación, eliminando o que sobra para que a célula se estimule de maneira sinxela. Logo pasaríase á rexeneración dérmica, isto é, proliferar as células matriz para que a pel poida nutrirse ó máximo.

Unha terceira fase sería a estimulación basal que consiste en darlle enerxía á célula para que medre cara o exterior. O último proceso é a reparación que pasa por conseguir a protección natural da dermis.

As distintas fases lévanse a cabo con técnicas como a crioterapia, cromopuntura, maderoterapia, método cronocelular e o son da célula. Todos eles son tratamentos naturais que se poden aplicar a todo tipo de pel.

"Os resultados son que a pel se alisa, rexenera, vese sa e elimínanse as células mortas co cal ten un aspecto máis luminoso", destaca Isaura.