viernes 30/10/20

Iván Olmos e Aída González xa están en Guatemala

Serán os únicos galegos  no campionato do Mundo de Debate Universitario

ivan4
Aída González e Iván Olmos

A partires desta semana comezan as probas clasificatorias por equipos no campionato Mundial de debate Universitario no que Galicia está representado polo equipo formado por Iván Olmos(Director  de dendealimia.com), de Xinzo e Aída González, que van representando a Escola de Finanzas de A Coruña.

Esta parella recordarán que foi subcampiona no campionato nacional celebrado no inverno na cidade de Córdoba.

Dende o “dendealimia” e por suposto dende a Limia e a provincia de Ourense, mandámoslle as nosas enerxías para que estes dous galegos volvan coa medalla de ouro.

Comentarios