sábado 12/6/21

José A. Parente, xa é o novo presidente provincial das NN.XX

Un Limiau a cabeza da organización xuvenil provincial do PP

Pte. provincial NN.XX.

A organización xuvenil Novas Xeracións do Partido Popular de Ourense elixiu por unanimidade a José Antonio Parente Camino como novo presidente, no decurso do oitavo congreso provincial celebrado esta mañá no centro cultural Marcos Valcárcel. Parente Camino (Xinzo de Limia, 1989) é licenciado en Historia, presidente da organización limiá desde outubro de 2014 e membro do comité de dirección autonómico de Novas Xeracións desde o pasado mes de xaneiro.

No seu discurso, o novo líder dos mozos populares tivo palabras de recoñecemento para a presidenta saínte, Jackeline Fernández, á fronte da organización desde decembro de 2010.Tamén houbo agradecementos ao presidente provincial, Manuel Baltar, “por darnos moitos motivos polos que loitar e traballar por e para a nosa provincia”, ao alcalde de Xinzo, Antonio Pérez, “ao que considero o meu pai político” e á “gran familia popular de Xinzo, na que me criei e que me axudou a ser o proxecto de político que son hoxe”.

Jose A. Parente 2José Antonio Parente comprometeuse a “loitar pola mocidade dos 92 concellos ourensáns, colaborando cos alcaldes e presidentes locais do partido”, ademáis de crear xuntas comarcais de NN.XX. que axuden na actividade da formación popular “para que a mocidade desta organización teña a forza e confianza que se merece”.

Para mobilizar á mocidade, Parente tamén anunciou a posta en marcha de campañas de afiliación “nas que animaremos aos mozos a formar parte deste partido, compartido as nosas inquedanzas políticas”, cunha referencia especial á presenza no ámbito universitario.

Do equipo que lle acompañará nesta nova etapa, Parente salientou a súa ilusión, forza e ganas de traballar, “un equipo que irá crecendo na medida que a familia de NN.XX. medre na provincia”.

Comentarios