viernes 25/9/20

Lazos de cor rosa nas redes sociais no Día Mundial da Loita contra o Cancro de Mama

Os limiaos súmanse a esta conmemoración mudando as fotos de perfil

Lazos de cor rosa nas redes sociais no Día Mundial da Loita contra o Cancro de Mama

    Os veciños e veciñas da zona súmanse á conmemoración deste día no que a Asociación Española Contra o Cancro quere resaltar a importancia da prevención. Sinalan que o fundamental é facer un control periódico e autoexplorarse as mamas. 

O cancro de mama ten unha incidencia anual de máis de 25 mil casos en España, o 29% de tódolos tumores femininos. Con todo, cada vez son menos as mulleres que falecen por esta enfermidade e todo grazas ós avances no tratamento. No mes de xullo á Universidade de Santiago de Compostela fixo público un comunicado no que se recolle que investigadores galegos deseñan unha nova molécula para crear un tratamento máis efectivo e que causa menos dano. Trátase dunha combinación de novos análogos de vitamina D con quimioterapia. Segundo os investigadores, isto permitiría mesmo reducir o crecemento do tumor. Agora xa están en contacto con empresas farmacéuticas interesadas no desenvolvemento da molécula como fármaco para o seu futuro uso en pacientes. 

Os equipo de investigación provén da Universidade de Santiago de Compostela, de A Coruña, de Vigo, do Instituto de Investigación Biomédica Ourense-Pontevedra-Vigo, do Sergas e do Hospital Jove de Gijón.

Comentarios