lunes 21/9/20

A Limia contará cun camión-escaleira no seu Parque de Bombeiros

O Consorcio contra Incendios aprobou hoxe iniciar os trámites para a compra do vehículo 

O pasado 25 de marzo, o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presidiu a sesión do pleno do Consorcio contra incendios e salvamento da Limia, reunión na que tamén participou o director xeral de Emerxencias da Xunta de Galicia, Luis Menor, e os alcaldes e representantes dos concellos que engloban o consorcio.

Na xuntanza deuse conta da liquidación do orzamento de 2014 e da aprobación da conta xeral correspondente a dito exercicio. Ademais, acordouse iniciar o expediente para a compra dun camión-escaleira para o Parque de Bombeiros.

A Deputación de Ourense está a impulsar a coordinación dos consorcios dos parques de bombeiros da provincia para mellorar a súa xestión tanto administrativa como técnica e de intervención, a través da unificación deste entes no Consorcio Provincial de Incendios.

Entre os fins do consorcio estará a colaboración cos servizos municipais de protección civil dos concellos para o salvamento de persoas e bens, a prevención e extinción de incendios e a prevención e actuación ante calquera tipo de sinistro ou situación de risco.

Comentarios