domingo 05.07.2020

A Limia invitada a xornada sobre patacas en El Carpio, Valladolid

Celebraron a octava edición de la Jornada de Patata de El Carpio

A Limia invitada a xornada sobre patacas en  El Carpio, Valladolid

A asociación de produtores de pataca da Limia estivo representada nas xornadas de El Carpio polo seu presidente Amador Díaz  que participou a vez como poñente na mesa redonda coa finalizaba a xornada.

En el Carpio reuníronse preto de 1.000 agricultores para falar exclusivamente da pataca, dende todos os puntos de vista.

Na mesa redonda os poñentes entre os que se atopaba a representante de todos os supermercados da comunidade de Castela-León e o maior distribuidor da comunidade Patatas  Melendez.

IMG-20200118-WA0005

ANÁLISE DESTA CAMPAÑA, DAS VINDEIRAS E DOS PROBLEMAS COMÚNS

Realmente un queda un pouco sorprendido positivamente ao ver a cantidade de agricultores que estaban nas xornadas, preto de 1.000. Pero por outra parte tamén a distinta escala loxicamente, eles teñen 18.000 Ha. de produción solo de pataca e nos 4.000 Ha, pero eles tamén teñen problemas co rego, e por suposto igual que nos co almacenamento do tubérculo a partir de xaneiro do 2021. (Neste caso falaremos amplamente noutra ocasión con Amador para que no lo explique deteñidamente )

Nos fomos invitados, posto que a intención da asociación de Castela León, é facer unha interprofesional do sector da pataca a nivel nacional, pero para elo teñen que reunir na mesma ao 70% dos produtores.

MANTEREMOS MÁIS REUNIÓNS E ESTARÁN EN ALIMAGRO 2020

Despois da boa sensación recollida nas xornadas e para seguir analizando o noso sector, manteremos máis reunións ao longo do ano e eles aceptaron a invitación para estar presentes como asociación en ALIMAGRO 2020 (Amador Díaz).

Se queres máis información da xornada preme aquí.