A Limia pónse ó día sobre a alimentación saudable

alumnos
A Limia pónse ó día sobre a alimentación saudable

Morgade, Trasmiras, Arnuide, Paradela de Abeleda e Sampaio participaron na quinta edición do "Percorrido da saúde na zona rural de A Limia". A través destes talleres os participantes aprenderon prácticas saudables e educativas para mellorar a calidade de vida.

Pablo García Vivanco e Elena Villarino, farmacéuticos especialistas en nutrición, abordaron aspectos como a importancia dunha boa alimentación e a prevención para evitar enfermidades crónicas. Con tal fin, tomáronse medidas de tensión arterial, glucemias e colesterol. Yolanda Gómez explicou os diferentes tipos de dietas e o antropólogo Manuel Mandianes abriu o percorrido por Morgade.

O longo dos diferentes talleres repartiuse material relacionado coas boas prácticas alimenticias para controlar os valores relacionados con enfermidades.

Todas estas actividades realizáronse no marco do Programa de Intervención Sociosanitaria e Eduación Integral para a saúde na zona rural. Os talleres estan subvencionados pola Deputación de Ourense contando coa colaboración do concello de Xinzo de Limia, Trasmiras, Porqueira e Baltar.