miércoles 5/8/20
Debate

O limián Iván Olmos e a ourensá Aida González subcampións nacionais de debate parlamentario

No mes de xullo participarán no Campeonato Mundial Universitario de Debate en Español a celebrar en Guatemala.

O limián Iván Olmos e a ourensá Aida González subcampións nacionais de debate parlamentario

Córdoba foi o lugar a onde se desprazaron 40 equipos representantes de universidades de toda España para participar no IV Torneo Nacional de Debate Universidad de Córdoba - Europe Direct.

Iván e Aida foron os representantes da Escuela de Finanzas da Coruña.

Orgullo de pertencer á Unión Europea

O tema da final non podía ser de maior actualidade. A modalidade do campionato é o debate parlamentario a catro –a imaxe e semellanza do parlamento británico–. A eles, como eran a oposición, tocoulles defender que non debiamos sentirnos orgullosos de pertencer á UE.

Tras superar as semifinais, competiron nunha igualada final cos equipos da Universidad Pontificia de Comillas, Universidad Autónoma de Madrid e SICODI.debate

O equipo SICODI, formado pola ponferradina Marta Álvarez e o cordobés Guillermo Díaz, alzouse finalmente cun merecido triunfo no campionato. Tratouse dunha final moi "intensa e igualada" –segundo afirma Iván Olmos– na que SICODI foi "un xusto vencedor".

Na clasificación individual de oradores Iván quedou no séptimo lugar dos oitenta participantes e Aida na duodécima posición.

Os organizadores deste torneo foron a Aula de Debate UCO da Universidad de Córdoba e Europe Direct da Deputación de Córdoba.

II Torneo de Debate Escuela de Finanzas na Coruña

Do 21 ao 23 de abril, Escuela de Finanzas organiza un torneo nacional –neste caso de debate académico– no PALEXCO da Coruña. Este campionato será dirixido polo propio Iván Olmos en colaboración con Aida González.

Dende o noso xornal só nos queda parabenizar a Iván e a Aida polo conseguido, así como animalos de cara ao CMUDE 2017.

Comentarios