jueves 29/10/20

Limisi pon á venda un calendario solidario para manter as actividades da asociación

Contén fotografías de estudo e custa 7 euros

Imaxe do calendario solidario de Limisi.

    A xente de Limisi preparou un calendario especial e solidario. As ilustracións foron feitas polo fotógrafo ourensán, Oscar Pinal. Xa poden adquirir os exemplares por un prezo económico de 7 euros e poden facelo a través do facebook da Asociación ou ben a pé de rúa, a intención de Limisi é vendelos directamente á xente. 

A recadación vai destinada ó mantemento dos servizos diarios e as actividades da asociación, pois as subvencións víronse reducidas nos últimos anos e hai que buscar saídas. Limisi non é unha entidade que dependa da Xunta, non ten concerto nos seus orzamentos anuais. Mantéñense grazas ós produtos artesanais que elaboran e venden e as poucas subvencións que conseguen. 

Con traballo e esforzo fan cousas tan fermosas como este calendario. Agora tamén están traballando na elaboración das chapas do Entroido 2016, entre outas moitas actividades. 

Comentarios