viernes 26/2/21

Limitacións de aforo e medidas de prevención específicas para o comercio minorista

Establecementos e locais comerciais comerciantes polo miúdo e de actividades de servizos profesionais

15885861439257

Poderán estar abertos  ao público que non formen parte de centros ou parques comerciais.

Os establecementos e locais comerciais comerciantes polo miúdo e de actividades de servizos profesionais abertos ao público non poderán superar o 50% do seu aforo.

Os establecementos e locais comerciais comerciantes polo miúdo abertos ao público pecharán ás 18 horas, salvo que fixasen de acordo coa normativa vixente un horario inferior.

Exceptúanse as seguintes actividades comerciais, que poderán pechar ás 21.30 horas, salvo que fixasen de acordo coa normativa vixente un horario inferior ou superior.

 1. Comercio polo miúdo en establecementos non especializados, con predominio en produtos alimenticios, bebidas e tabaco.

2. Comercio polo miúdo de froitas e hortalizas.

3. Comercio polo miúdo de carne e produtos cárnicos.

4. Comercio polo miúdo de peixes e mariscos.

5. Comercio polo miúdo de pan e produtos de panadería, confeitería e pastelería.

 6. Comercio polo miúdo de bebidas en establecementos especializados.

 7. Outro comercio polo miúdo de produtos alimenticios en establecementos especializados.

8. Comercio polo miúdo de combustible para a automoción.

 9. Comercio polo miúdo de artigos médicos e ortopédicos en establecementos especializados.

10.Comercio polo miúdo de produtos farmacéuticos.

11. Comercio polo miúdo de alimentos para animais de compañía.

Deberá prestarse un servizo de atención preferente a maiores de 65 anos.